miércoles, 27 de enero de 2016

II Certame de Redacción do Centro Galicia en Ponferrada

II CERTAME DE REDACCIÓN EN GALEGO





Invitámoste a participar no II Certame de Redacción en galego que o Centro Galicia en Ponferrada promove este ano con motivo da celebración do día de 
As letras galegas



BASES:

1.- Poden concorrer a este certame todos os escolares de primaria, secundaria e bacharelato que optaron polo ensino da lingua galega nos centros escolares do Bierzo.

2.- Os traballos presentaranse en lingua galega, e han de ser orixinais e inéditos. O tema e forma serán libres.

3.- A extensión dos orixinais será dun máximo de tres follas e un mínimo dunha cara en tamaño DIN A-4. Todas as páxinas deberán estar numeradas, a excepción da portada. As obras presentaranse por duplicado, con portada e grampadas na marxe superior esquerda. Soamente se pode presentar un traballo por autor. No traballo figurará o nome e apelidos do autor ou autora, a idade, o curso actual e o nome do centro onde está matriculado.

4.- Os traballos poderán enviarse por correo postal a: "Centro Galicia en Ponferrada", Avda. Reis Católicos, 5-7. Ponferrada, ou entregar directamente nas oficinas da asociación (martes e xoves de 19 a 20 horas). A data límite de recepción de orixinais será o 22 de abril de 2016.

5.- O xurado, cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse o fallo, terá ademais das facultades normais de outorgar ou declarar deserto o premio, e emitir o fallo, as de interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.
6. O prazo máximo de resolución do procedemento será o 15 de maio de 2016. O fallo darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.

7.- A contía dos premios do II Certame de Redacción en galego será a seguinte:
Categoría Infantil: Ata doce anos: 1º Premio 100€, 2º premio 75€ é 3º premio 50€
Categoría Xuvenil: Dende os 13 anos: 1º Premio 100€, 2º premio 75€ é 3º premio 50€
(Os premios deberán ser empregados en adquisición de material escolar)

8. Os premios entregaranse no acto conmemorativo dedicado ás letras galegas a celebrar na sede da Asociación do Centro Galicia en Ponferrada o día 21 de maio de 2016. É requisito indispensable recoller persoalmente o premio.

9. Os traballos non premiados poderán ser retirados polos seus autores ou persoas autorizadas dispoñendo de 20 días a partir da data de entrega dos premios. Os orixinais non retirados serán destruídos transcorrido o devandito prazo.

10.- O Centro Galicia en Ponferrada dispoñerá das obras premiadas para a súa publicación na forma e xeito que crea oportuno, por outra parte, aquelas obras que pola súa calidade ou interese poidan ser recomendadas polo xurado publicaríanse logo de permiso dos seus autores.

11.- A presentación de obras a este concurso supón por parte dos autores a aceptación das presentes bases.





PONFERRADA A  30 DE XANEIRO DE 2016


A xunta de goberno da Asociación Centro Galicia en Ponferrada




Fdo. D: Manuel Andrade Segade (presidente)

1 comentario:

  1. ¡Sr. Presidente!, por si Vd. no lo sabe: Me parece una total y absoluta falta de respeto a todos los socios de nuestra Entidad.
    En primer lugar, cualquier evento promovido por nuestra Sociedad como tal, debe de ir principalmente enfocado a todos los socios del Centro Galicia sin distinciones, sin limitar edad, personalismos etc., etc., y si es menester también abierto al exterior como en este caso.
    Los socios, queremos sentirnos partícipes de todo en nuestra Sociedad, tenemos ese derecho, tenemos inquietudes también como los jóvenes, tenemos conocimientos culturales y tradicionales o de otra índole; queremos sentirnos útiles dentro de la Sociedad.
    Por lo tanto, como socio, le pido la impugnación del citado “CERTAMEN DE REDACCIÓN EN GALEGO”, y enfocarlo debidamente a toda nuestra sociedad “CENTRO GALICIA EN PONFERRADA”, y exponiéndolo en los tablones de anuncios de nuestro centro de convivencia, “del cual carecemos”.
    Socio CENTRO GALICIA EN PONFERRADA: José Torres Piñeiro

    ResponderEliminar