II CERTAME DE REDACCIÓN EN GALEGO
Invitámoste
a participar no II Certame de Redacción en galego que o Centro Galicia en Ponferrada
promove este ano con motivo da celebración do día de
As letras galegas
BASES:
1.- Poden concorrer
a este certame todos os escolares de primaria, secundaria e bacharelato que
optaron polo ensino da lingua galega nos centros escolares do Bierzo.
2.- Os traballos
presentaranse en lingua galega, e han de ser orixinais e inéditos. O tema e
forma serán libres.
3.- A extensión dos
orixinais será dun máximo de tres follas e un mínimo dunha cara en tamaño DIN
A-4.
Todas as páxinas deberán estar numeradas, a excepción da portada. As obras
presentaranse por duplicado, con portada e grampadas na marxe superior
esquerda. Soamente se pode presentar un traballo por autor. No traballo
figurará o nome e apelidos do autor ou autora, a idade, o curso actual e o nome
do centro onde está matriculado.
4.- Os traballos
poderán enviarse por correo postal a: "Centro Galicia en Ponferrada",
Avda. Reis Católicos, 5-7. Ponferrada,
ou entregar directamente nas oficinas da asociación (martes e xoves de 19 a 20 horas). A data límite
de recepción de orixinais será o 22 de abril de 2016.
5.- O xurado, cuxa
composición se dará a coñecer ao emitirse o fallo, terá ademais das facultades
normais de outorgar ou declarar deserto o premio, e emitir o fallo, as de
interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.
6. O prazo máximo
de resolución do procedemento será o 15 de maio de 2016. O fallo darase a
coñecer a través dos distintos medios de comunicación.
7.- A contía dos
premios do II Certame de Redacción en galego será a seguinte:
Categoría Infantil:
Ata doce anos: 1º Premio 100€, 2º premio 75€ é 3º premio 50€
Categoría Xuvenil:
Dende os 13 anos: 1º Premio 100€, 2º premio 75€ é 3º premio 50€
(Os premios deberán
ser empregados en adquisición de material escolar)
8. Os premios
entregaranse no acto conmemorativo dedicado ás letras galegas a celebrar na sede
da Asociación do Centro Galicia en Ponferrada o día 21 de maio de 2016. É
requisito indispensable recoller persoalmente o premio.
9. Os traballos non
premiados poderán ser retirados polos seus autores ou persoas autorizadas
dispoñendo de 20 días a partir da data de entrega dos premios. Os orixinais non
retirados serán destruídos transcorrido o devandito prazo.
10.- O Centro
Galicia en Ponferrada
dispoñerá das obras premiadas para a súa publicación na forma e xeito que crea
oportuno, por outra parte, aquelas obras que pola súa calidade ou interese
poidan ser recomendadas polo xurado publicaríanse logo de permiso dos seus
autores.
11.- A presentación de obras a este
concurso supón por parte dos autores a aceptación das presentes bases.
PONFERRADA
A 30 DE XANEIRO DE 2016
A
xunta de goberno da Asociación Centro Galicia en Ponferrada
Fdo.
D: Manuel Andrade Segade (presidente)